domingo, 24 de agosto de 2008

Nova Web da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza e VII Encontro Internacional

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza estrea nova web.

Na Coordenadora Nacional da Marcha decidimos cambiar o deseño e formato da web e unificar toda a información e documentación que íamos deixando en diferentes blogs, polo que desde agora este blog non se vai seguir actualizando.

A información oficial da Marcha, só estará disponíbel na súa páxina web:

http://www.feminismo.info

______

VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres
Do 14 ao 21 de Outubro de 2008
Vigo - Galiza 2008




___________________________

quarta-feira, 7 de maio de 2008

III Bandeira de Traiñeiriñas da Marcha Mundial das Mulleres - Bueu 2008


A DESIGUALDADE DAS MULLERES NO DEPORTE

O deporte é un ámbito onde a muller a penas tivo cabida ao longo da súa historia. Os estereotipos adxudicados á muller de dozura, docilidade, fraxilidade, e aos homes como seres fortes, bruscos, dinámicos… seguen dalgún xeito estando vixentes e son a base de que, durante moitos anos a actividade deportiva das mulleres teña estado limitada e minusvalorada

O exercicio físico e o deporte son actividades humanas estreitamente relacionadas coa saúde, a adaptación ao medio, o desenvolvemento corporal, os aspectos lúdicos, a comunicación e o control do propio corpo. Unha sociedade na que se respecten os dereitos de todas as persoas e se promovan as acciones necesarias para avanzar na igualdade de oportunidades non pode aceptar a actividade deportiva como un espazo exclusivamente masculino.

Porén, a presenza das mulleres no mundo do deporte é, na actualidade, un feito innegábel, trátase máis que dun problema de participación, de consideración social e de verdadeira igualdade de oportunidades para chegar ás esferas máis altas do deporte.

No deporte do remo, como noutras especialidades deportivas podemos ver a desigualdade entre homes e mulleres:
  • Menor número de mulleres remeiras
  • A presenza de mulleres na dirección, organización e xestión é practicamente nula.
  • Os postos de responsabilidade dentro da federación están desempeñados por homes.
  • As modalidades femininas son menos difundidas nos medios de comunicación.
  • A “non consideración” dos deportes femininos como profesionais.
Esta desigualdade resultaba evidente nas categorías femininas de banco fixo : Falla de recoñecemento oficial dalgunhas categorías femininas, distintos campionatos, distintos premios, etc....

Coa loita das propias remeiras e dalgúns dirixentes e clubs de remo e co apoio da Marcha Mundial das Mulleres, do Servizo Galego de Igualdade e da Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia temos conseguido o recoñecemento oficial das categorías femininas de bateis, traiñeiriñas e traiñeiras a nivel estatal e a realización dos campionatos galegos de bateis e traiñeiriñas, no que as mulleres poden participar en pé de igualdade.

... Cómpre, pois seguir estimulando participación das mulleres
  • Levar a cabo accións de sensibilización dirixidas á comunidade educativa, así como a profesionais do deporte, co fin de promover unha elección non sexista das actividades deportivas.
  • Sensibilizar ás persoas responsables das federacións deportivas sobre a importancia do seu papel na promoción das actividades deportivas realizadas por mulleres.
  • Establecer como criterio prioritario na adxudicación de subvencións a creación e a promoción de equipos de mulleres e de actividades deportivas, cunha participación equilibrada de mulleres e homes.
  • Fomentar a incorporación das mulleres a aqueles ámbitos da práctica deportiva na que están infrarrepresentadas
  • Analizar as causas que orixinan o abandono da práctica deportiva por parte das rapazas na etapa da adolescencia, utilizando os resultados desa análise para anima-las rapazas a que continúen coa práctica deportiva.
  • Instar aos organismos competentes para que se aumente na programación estable dos medios de comunicación públicos o número de retransmisións de deportes con participación feminina.
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
Galiza - Bueu , 11 de Maio de 2008
_______________________

segunda-feira, 31 de março de 2008

Videos da Marcha Mundial das Mulleres

Rolda de Prensa da Marcha Mundial das Mulleres en Ourense, para presentar o 8 de Marzo de 2008 na Galiza
_________


__________

A Coordenadora Nacional de Perú da Marcha Mundial das Mulleres na Acción Mundial convocada polo Forúm Social Mundial o 26 de Xaneiro de 2008
_______________


_____________

Aproveitando a visita de Miriam Nobre á Galiza gravouse este vídeo onde da resposta a unha serie de cuestións sobre a Marcha Mundial das Mulleres e o seu próximo encontro a celebrar en Vigo - Febreiro de 2008 -
______________


______________

A Marcha Mundial das Mulleres organizou unha concentración nas principais cidades de Galicia para pedir o dereito de abortar na sanidade pública. Este breve reportaxe efectuouse sobre a concentración celebrada en Santiago de Compostela, na Praza do Toural - Xaneiro 2008 -
_______________


__________

Mobilizaçom Internacional da MMM em Vigo, em Maio de 2004. Cortejo da Assembleia de Mulheres de Galiza Nova
________________


______________

Mobilizaçom Internacional da MMM em Vigo, em Maio de 2004. Cortejo da Assembleia de Mulheres de Galiza Nova
_________


__________

Algumas das 58 mulheres que trabalham como catadoras da Coopere - Cooperativa de Materiais Recicláveis do Centro de SP - estiveram presentes na Marcha Mundial das Mulheres no último dia 08/03/2008, no centro de SP
_____________

____________
Vozes e Olhares no Feminino - Parte I
Documentário no Feminino, apresentado dia 14 de Abril de 2007, no Encontro Nacional de Mulheres (Portugal) da Coordenação Portuguesa da Marcha Mundial das Mulheres. Este Este documentário percorre as histórias e percursos de vida das mais diferentes Mulheres que vivem em Portugal, recolhendo as suas opiniões, testemunhos e visões sobre Ser Mulher em Portugal. Foi produzido pela AJPaz em parceria com a ADRL e A.C.R.S. de Coles de Samuel e com a colaboração de diversas Associações a nível nacional. Ver mais em www.ajpaz.org.pt
___________


____________

Vozes e Olhares no Feminino - Parte II
___________


________

Vozes e Olhares no Feminino - Parte III
________


____________

Vozes e Olhares no Feminino - Parte IV
______________


____________

São Paulo. Day.
Dezembro 2007
________________


_______________

Maracatu na Reta da UFV - batuquebrasileiro.blogspot.com
Setembro 2006
______________


_______________

sábado, 8 de março de 2008

8 de Marzo, unha verdadeira xornada de reflexión

8 de Marzo, unha verdadeira xornada de reflexión.

Marga do Val[*]
Sábado, 8 de Marzo de 2008

A Delegación do Goberno obriga a que se suspendan as manifestacións do 8 de Marzo, Día da Muller, a razón é que o día 8 de marzo é xornada de reflexión e as manifestacións son actos políticos. Se por unha banda podemos mostrar a tristeza, o día da muller traballadora pode ficar na sombra e non se escoitarán polas rúas lemas e berros necesarios:

“A igual traballo, igual salario”

“Aborto gratuíto e libre na seguridade social”.

De todas as consignas a miña preferida é: “Somos malas podemos ser peores”.

Somos malas por loitar co traballo e coa palabra pola defensa dos dereitos das persoas. Malas que reivindicamos o dereito ao voto, nun momento no que podiamos ser elixidas sen elixir. Nun momento, moitas de nós sabiamos que ese voto lle ía dar o poder á dereita e á igrexa, a unha moral que nos convertía en escravas, que nos facía ascender de fillas a mulleres de, sempre baixo un amo. Falo das sociedades occidentais. Por iso houbo mulleres de esquerdas e comprometidas socialmente, que reivindicaban tamén os dereitos da muller, que estaban en contra do dereito ao voto das propias mulleres. Todas as mulleres, as que defendían o dereito ao voto e as que non, sabían que a liberdade da muller só se pode conseguir coa independencia económica e coa formación cultural. Iso era así e segue sendo así. A loita feminista vai conseguindo os seus dereitos de vagar sen utilizar a guerra como medio, mais morrendo nunha guerra na que é vítima inocente. Cantas mortes acontecen pola violencia de xénero! Cantas serán aínda necesarias para que a sociedade sexa consciente de que esta é unha loita social, non se pode mirar para outro lado, non se poden tapar os oídos. Cantas vítimas, heroínas, que nunca o quixeron ser, terán que morrer por reivindicar a súa liberdade? Cantas máis a reivindicarían se tivesen independencia económica e formación cultural?

É triste que o 8 de marzo non se escoiten estas consignas polas rúas, mais o feito de que as manifestacións do Día da Muller se prohiban é unha proba de que estas reivindicacións son políticas. É unha proba de que o tema da muller, a súa independencia e a súa formación cultural tamén se vota o domingo, día 9 de marzo. Mentres esta fin de semana, a igrexa pode seguir coas súas homilías, que non se consideran actos políticos, as mulleres faremos festas e quizais, unha parte da sociedade lembre a todas estas vítimas, heroínas anónimas, que seguen morrendo en mans dunha sociedade na que segue mandando o poder patriarcal. E tamén a igrexa que condena á muller ao papel de nai, monxa, estéril ou solteira abnegada, por moito que esta ideoloxía nos pareza obsoleta como a monarquía.

O día 9 de marzo votemos como galegas, europeas e mulleres. Votemos para que todas as mulleres consigan a súa liberdade, a independencia económica e a formación cultural.

Enlace co artigo Orixinal

[*] Marga do Val é Licenciada en Filoloxía Hispánica, Galego- Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galegas. Exerceu a docencia como Lectora de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Tréveris (1995-2000) e impartiu aulas na Universidade de Colonia. É Vicepresidenta da Asociación Galego Alemana. Como crítica literaria e articulista colabora en diferentes medios de prensa: GRIAL, A Festa da Palabra Silenciada, Galicien- Magazim, A Nosa Terra, etc.

sexta-feira, 7 de março de 2008

Resposta da Xunta Electoral, con da 3 de marzo de 2008

Referencia: AP-30

Cítese en toda comunicación)

Polo presente, achégolle a resolución adoptada por esta Xunta Electoral, en relación co seu escrito desta data, en nome da coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres, para seu coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, a 3 marzo de 2008
A Secretaria da Xunta Electoral

Asdo. Maria Jesús Prieto Toranzo

DONA VITORIA IGLESIAS MOLARES

Cordinadora Local da marcha mundial das mulleres.

casa das mulleres, rúa romil, 20-vigo

____

Referencia: AP-30

(Cítese en toda comunicación)

DONA MARÍA JESÚS PRIETO TORANZO, Secretaria da Xunta Electoral Provincial de Pontevedra,

C E R T I F I C O : Que por esta Xunta Electoral Provincial, en resolución desta data, tomouse o seguinte acordo:

“Dada conta, a vista do anterior escrito presentado por dona Vitoria Iglesias Molares, como coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleras, fágasele saber que no seu día esta Xunta Electoral Provincial tomou coñecemento dos actos comunicados pola subdelegación, convocados para o día 8-03-2008, con motivo da celebración do día internacional das Mulleres.

Asimesmo participouse a Subdelegación do Goberno que ao coincidir coa xornada de reflexión da campaña electoral, a subdelegación debía advertir ás organizacións convocantes que non poderán realizar acto ningún de campaña electoral, terminantemente prohibidos polo art. 53 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral.”

E para que conste, en cumprimento do acordado, estendo, asino e selo a presente en Pontevedra na data 3 de marzo de 2008.

A Secretaria da Xunta Electoral
_____________

Escrito á Xunta Electoral, con data 2 de marzo de 2008

Vigo, 2 de marzo de 2008
Xunta Electoral Provincial de Pontevedra
Pontevedra

Vitoria Iglesias Molares, en nome da coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres, CIF: G-15773013, con domicilio a efectos de notificación na Casa das Mulleres, rua Romil, 20, Vigo (Teléfono de contacto: 657 82 55 56)

EXPÓN:

* Con data 13 de febreiro de 2008 comunicamos á Subdelegación de Goberno que, con motivo do 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres” a Asociación Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, como en anos anteriores, ten previsto a realización dunha manifestación o sábado día 8 de marzo, ás 12:00 hrs. desde a Praza 8 de marzo ata a Praza de América, co lema: “Nin un paso atrás. Non podemos perder dereitos”.
* Con data 15 de febreiro a Subdelegación acusa recibo do escrito, “aos efectos esixidos pola Lei 9/1983 de 15 de xullo reguladora do dereito de reunión”.
* Recibida a devandita comunicación a citada organización realiza e reparte a publicidade anunciando dita manifestación.
* Con posterioridade, o 29 de febreiro a Subdelegación do Goberno de Pontevedra lle comunica:

“En relación con la concentración que esa Coordinadora tiene previsto realizar el día 8 de marzo de 2008 y, comunicado dicho acto a la Junta Electoral Provincial de Pontevedra le comunico que, dado que la concentración coincide con la jornada de reflexión de la campaña electoral, no se podrá realizar durante la misma acto alguno de campaña electoral, por estar terminantemente prohibido por el art. 53 de la Ley Orgánica de Régimen Electoral General.”

A devandita comunicación non especifica si se prohibe ou non a manifestación. Nós non consideramos que a manifestación do 8 de marzo, unha manifestación histórica, que se realiza en todo o mundo na mesma data, e que as organizacións feministas de Galiza vimos convocando desde hai máis de 30 anos, sexa un “acto de campaña electoral”, senón un xeito de autoafirmarnos e reivindicar a igualdade de dereitos e trato para as mulleres.

* A “Asociación Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres” non ten feito ningunha declaración nin chamamento de voto nin pensa facelo o sábado 8 de marzo.
* A Conferencia Episcopal si emitiu, diante da convocatoria destas eleccións, un comunicado orientando o voto das persoas católicas, sen embargo non temos coñecemento de que se teñan prohibido as misas o sábado (día de reflexión) nin o domingo (día de votación),

Por todo o exposto,

SOLICITA:

Aclaración explícita de autorización ou prohibición para a convocatoria desta manifestación.

Atentamente,
__________

Manifesto do colectivo feminista Nomepisesofreghao, no 8 de marzo de 2008

8 de marzo
Manifesto do colectivo feminista Nomepisesofreghao
Moreia de Parafeministas Desgêneradas

Sempre rápida e atenta, a Igrexa (e a alcadesa valenciana Rita Barberá) adiantou a data da celebración de San Xosé, que ademáis de ser o capitalista Día do Pai tamén coincide co remate das Fallas- a nocturna e refulxente cremá- que este ano recae no mércores víspera do xoves santo, polo que obviamente non interesa mesturar ambas festas e moito menos a nivel económico. Ao tempo que os diversos poderes fácticos argallaban esta manobra, nós, ilusas, estabamos pensando en aproveitar o 8 de marzo para, entre outras cousas, solicitar o acceso ao aborto libre e gratuito e pedir melloras para a actual e paupérrima lei de prazos porque cando soubemos a data das eleccións ninguén imaxinaba o que ía a acontecer. Evidentemente este turbio asunto de acose e derribo ás clínicas que practican abortos orquestado pola dereita máis rancia xunto a súa aliada, a obsoleta Conferencia Episcopal, empurrou a que, trala efectiva axitación social provocada por diferentes colectivos feministas, os principais partidos políticos no goberno estatal se posicionaran abertamente e tiveran que mudar as súas axendas en tan só uns poucos días. Quizáis de aí proveña o medo a permitir as estipuladas e institucionalizadas, pero non por iso menos necesarias, celebracións do 8 de marzo nun momento no que as reivindicacións están máis politizadas que nunca, motivo polo cal poderían ser considerados actos partidistas nunha xornada de reflexión. Non obstante, por que non prohiben as misas cando é de tod*s sabido que fan apoloxía política de cara aos seus conservadores intereses? E mentres tanto Esperanza Aguirre ten organizada para este día unha marcha-carreira de mulleres para recaudar fondos destinados a "unha" ONG que defende o dereito á igualdade; habería que saber cal é...

Ante este desolador panorama, no que vemos recortada a liberdade de expresión ao ser ilegalizadas as manifestacións e prohibidos os actos de conmemoración do día da muller traballadora en diferentes cidades do Estado, non podemos quedarnos sen facer nada. A perplexidade e a indignación son tales que lanzamos un chamamento á desobediencia, máis alá de manifestar simplesmente a nosa absoluta repulsa por esta actitude represora e patriarcal. Esta non é senón outra mostra dos mecanismos de marxinación que operan dende o poder hexemónico -estratexia na que as deputadas, coa súa complacencia (in)conscente, contribuiron a que as mulleres volvan a ser esquecidas- xa que isto probábelmente non sucedería co 1 de maio, día do traballador. E se as mulleres non contamos, ou só para dar as cifras das mortas por violencia machista, as migrantes sen papeis menos aínda xa que hai uns días unha muller colombiana foi detida en Pontevedra por acudir a denunciar malos tratos. Vaia, pois como está o patio como para andar desconvocando ás mulleres.

Por todo isto, despois de entregar as autoinculpacións polo aborto nos Xulgados no acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres, promovemos unha convocatoria de concentración ante a Delegación do Goberno da Coruña para reivindicar o dereito a manifestarnos durante 8 de marzo; porque non nos van facer calar!

Actos no 8 de Marzo de 2008

C.S.A. Atreu! rúa San Xosé, 2
  • 18:00h C.S.A. Atreu! rúa San Xosé, 2, Queeruhna/A Coruña: confección dun mural xunto as compañeiras do colectivo feminista Nomepisesofreghao co gallo do día da muller
  • 21:00h C.S.A. Atreu! rúa San Xosé, 2, Queerunha/A Coruña: ceador vegano a cultura_pre_o(K)upa (produce A CÚPULA)
  • 21:30h C.S.A. Atreu! FESTA DAS MULLERES. Djanes e Vjanes
Moitas gracias e recibide un cordial saúdo,
M.P.D.

http://nomepisesofreghao.blogaliza.org
____________