Vigo, 2 de marzo de 2008
Xunta Electoral Provincial de Pontevedra
Pontevedra
Vitoria Iglesias Molares, en nome da coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres, CIF: G-15773013, con domicilio a efectos de notificación na Casa das Mulleres, rua Romil, 20, Vigo (Teléfono de contacto: 657 82 55 56)
EXPÓN:
* Con data 13 de febreiro de 2008 comunicamos á Subdelegación de Goberno que, con motivo do 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres” a Asociación Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, como en anos anteriores, ten previsto a realización dunha manifestación o sábado día 8 de marzo, ás 12:00 hrs. desde a Praza 8 de marzo ata a Praza de América, co lema: “Nin un paso atrás. Non podemos perder dereitos”.
* Con data 15 de febreiro a Subdelegación acusa recibo do escrito, “aos efectos esixidos pola Lei 9/1983 de 15 de xullo reguladora do dereito de reunión”.
* Recibida a devandita comunicación a citada organización realiza e reparte a publicidade anunciando dita manifestación.
* Con posterioridade, o 29 de febreiro a Subdelegación do Goberno de Pontevedra lle comunica:
“En relación con la concentración que esa Coordinadora tiene previsto realizar el día 8 de marzo de 2008 y, comunicado dicho acto a la Junta Electoral Provincial de Pontevedra le comunico que, dado que la concentración coincide con la jornada de reflexión de la campaña electoral, no se podrá realizar durante la misma acto alguno de campaña electoral, por estar terminantemente prohibido por el art. 53 de la Ley Orgánica de Régimen Electoral General.”
A devandita comunicación non especifica si se prohibe ou non a manifestación. Nós non consideramos que a manifestación do 8 de marzo, unha manifestación histórica, que se realiza en todo o mundo na mesma data, e que as organizacións feministas de Galiza vimos convocando desde hai máis de 30 anos, sexa un “acto de campaña electoral”, senón un xeito de autoafirmarnos e reivindicar a igualdade de dereitos e trato para as mulleres.
* A “Asociación Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres” non ten feito ningunha declaración nin chamamento de voto nin pensa facelo o sábado 8 de marzo.
* A Conferencia Episcopal si emitiu, diante da convocatoria destas eleccións, un comunicado orientando o voto das persoas católicas, sen embargo non temos coñecemento de que se teñan prohibido as misas o sábado (día de reflexión) nin o domingo (día de votación),
Por todo o exposto,
SOLICITA:
Aclaración explícita de autorización ou prohibición para a convocatoria desta manifestación.
Atentamente,
__________
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário