sexta-feira, 7 de março de 2008

Convocatoria en Madrid, ás 19:30h na Praza Jacinto Benavente, o 8 de marzo, día de celebración internacional das loitas das mulleres

Diversas organizacións feministas sairán á rúa en Madrid o histórico 8 de marzo a pesar da prohibición
06.03.2008

O 8 de marzo é o día histórico de celebración internacional das loitas das mulleres. Este ano coincide coa xornada de reflexión e a Delegación de Goberno de Madrid e o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid consideraron que a súa celebración "pode crebar o necesario clima de reflexión e de neutralidade ideolóxica". Non consideraron o mesmo as Delegacións en Bilbao, Valencia, Barcelona ou Pamplona, onde as nosas compañeiras poderán celebrar libremente e sen acosos electoralistas a loita das mulleres É que alí se altera menos "o clima de neutralidade" ou é que os motivos para querer que saiamos o 7 responden a outros intereses máis oportunistas?

Argumentan que se pode violentar o libre exercicio do dereito de sufraxio para o que ser limita o lexítimo dereito de reunión e manifestación; coartando o libre desexo de estar nas rúas, reivindicando o moito que aínda queda por conseguir.

As organizacións feministas - as non ligadas ao PSOE - aseguran que nos atopamos "ante unha colisión de dereitos, din. Estamos ante un atropelo máis dos dereitos de sempre, os das mulleres, dicimos nós".

"Atrevéronse a impor que a manifestación do 1 de maio se celebráse o 30 de abril? É máis, atrevéronse sequera a convocar eleccións o 2 de maio? Non será, máis ben, que os dereitos, desexos e intereses das mulleres quedaron, unha vez máis e de forma impune, en terceira fila?", sinalan.

As feministas aseguran que a decisión prodúcese "nun contexto onde as nosas reivindicacións son loadas e utilizadas como ornamento electoral. Instrumentalizadas. Pero cando as boas palabras, as leis decorativas pero con pouco contido e menor aplicación, han de traducirse en cambios cotiáns, aí xa non se chega. Isto vémolo máis claro que nunca este ano coa ofensiva conservadora contra o dereito á interrupción voluntaria do embarazo. Ofensiva posible porque, tras "múltiples lexislaturas socialistas, non se fixo nada coa lexislación sobre o aborto e si moito na desatención ás mulleres. Como se explica isto se non pola conivencia de dereita e certa esquerda neste eterno delicado tema? E é que aí, no compromiso, doe".

"Aceptar que as mulleres temos voz propia e desexamos gritala o día 8, sen estar suxeitas a ningún compromiso partidista, iso doe. Porque supón escoitarnos, e supón que non poden utilizarnos para ventear os seus supostos méritos en prol da igualdade, como si farán o día 7", continúan.

"Non querían un 8 de marzo que puidese ser reprochado ou ingobernado, pero si, quizais, un lucido 7 de marzo, ao que seica se sumasen algúns autobuses de máis fretados polo PSOE como broche feminino dirixido a lexitimar unha longa marcha cara á institucionalización do feminismo".

"Quizá este 8 de marzo atopar nas rúas, sen a bendición institucional, a nós e a outras, múltiples, diversas, anónimas, cidadás do día a día. Porque NOS QUITARON O DÍA, PERO NON A VOZ".

__________

Nenhum comentário: