Marcha Mundial das Mulleres
07/03/2008
Coordenadora de Ourense
A Coordenadora de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres, ante a prohibición da Subdelegación de Goberno da concentración convocada para o día 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres” quere poñer de manifesto o seguinte:
1º) A falla de sensibilidade do goberno ao convocar as eleccións o día 9 de marzo, deixando o día 8 “Dia Internacional das Mulleres” invisivibilizado pola convocatoria electoral. Unha vez máis os intereses que prevalecen non son os das mulleres.
2º) Queremos denunciar a actitude cobarde da subdelegación do goberno que a pesar de ter coñecemento da convocatoria da concentración desde o día 19 de febreiro non se atreveu a prohibila ata onte, día 6 de marzo -amparándose nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid-
3ª) A Marcha Mundial das Mulleres non considera que a concentración do 8 de marzo, un fito histórico, que se realiza en todo o mundo na mesma data, e que as organizacións de Galiza vimos convocando dende hai máis de 30 anos, sexa un acto de campaña electoral (acto que estaría prohibido polo artigo 53 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral), senón un xeito máis de autoafirmarnos e reivindicar a igualdade de dereitos e de trato para as mulleres.
4º) O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid e a Delegación do Goberno en Galiza, no se que se basea a Subdelegación do Goberno para prohibir a concentración, admite que “non ten finalidade electoral algunha” .
5ª) A prohibición basease en que a finalidade da xornada de reflexión é a de contribuir a unha formación de vontade libre de quen vai exercer o seu dereito de sufraxio activo ao día seguinte, sen mensaxes nin xestos que directa ou indirectamente poidan rachar esa neutralidade, e non todos os partidos políticos comparte os mesmos postulados respecto ás reivindicacións da muller.
Se aceptamos que a concentración do 8 de marzo pode supor unha ameaza para esa neutralidade:
¿Non é unha ameaza para esa neutralidade a realización de actos nese fin de semana convocados por unha organización que se ten manifestado diante das eleccións orientando o voto dos seus afiliados/as? Non, non estamos falando do movimento feminista senón da igrexa católica, que a través da conferencia episcopal emitiu un comunicado orientando o voto das persoas católicas e que durante os vindeiros días, sábado (día de reflexión) e domingo (día das votacións) ten previsto a realización de varios actos en cada parroquia. ¿Están eles libres da tenue barreira que separa o político do social?
¿Non é unha ameaza para esa neutralidade o acto convocado pola Deputación de Pontevedra para o sábado pola mañán? ¿Ou a carreira convocada na Comunidade de Madrid por Esperanza Aguirre?-
Dado que podemos ir a misa, participar nunha mesa de debate, correr e facer festa:
DESCONVOCAMOS –POR IMPERATIVO LEGAL- A CONCENTRACIÓN CONVOCADA PARA O DÍA 8 DE MARZO.
CHAMAMOS A TODAS AS MULLERES A PARTICIPAR NA FESTA-ENCONTRO DE MULLERES QUE SE REALIZARÁ O SÁBADO DIA 8 DE MARZO, NA PRAZA DE CONCEPCIÓN ARENAL A PARTIR DAS 13 HRS DA MAÑÁ E A ENTREGA DE AUTOINCULPACIÓNS NO XULGADO Á MESMA HORA.
NON DEIXEMOS QUE APAGUEN O NOSO DÍA DE FESTA E REIVINDICACIÓN.
NIN UN PASO ATRÁS –NON PODEMOS PERDER DEREITOS.
Asemade, as persoas representantes da Marcha Mundial das Mulleres en Ourense, Carmen Iglesias Sueiro, con DNI 34.597.448-C, María Diéguez Guerrero, con DNI 34.947.969-K, Eva María Salgado Rodríguez, con DNI 35.315.658-D, Mª José Vázquez Vázquez, con DNI 34.982.355-E, Ana Pérez Cardoso, con DNI 76.897.519-D, Celsa Perdiz Alvarez, con DNI 34.936.749, e Lourdes Nuñez Rodríguez, con DNI 34.963.397-Q, polo feitos declarados, interpoñemos recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, en tempo e forma, e preséntase copia do devandito recurso ante a Subdelegación de Goberno en Ourense tal como mandan na notificación de prohibición de concentración remitida o 6 de marzo de 2008 pola devandita Subdelegación.
Ourense, 7 de marzo de 2008.
á/a: Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
á/a: Subdelegación do Goberno de Ourense.
___________
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário