Marcha Mundial das Mulleres
06/03/2008
Coordenadora de Vigo
A Coordenadora de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres, ante a prohibición da Subdelegación de Goberno da manifestación convocada para o día 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres” quere poñer de manifesto o seguinte:
1º) A falla de sensibilidade do goberno ao convocar as eleccións o día 9 de marzo, deixando o día 8 “Dia Internacional das Mulleres” invisivibilizado pola convocatoria electoral. Unha vez máis os intereses que prevalecen non son os das mulleres.
2º) Queremos denunciar a actitude cobarde da subdelegación do goberno que a pesar de ter coñecemento da convocatoria da manifestación desde o día 13 de febreiro non se atreveu a prohibila ata onte, día 5 de marzo -amparándose nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid-
3ª) A Marcha Mundial das Mulleres non considera que a manifestación do 8 de marzo, unha manifestación histórica, que se realiza en todo o mundo na mesma data, e que as organización de Galiza vimos convocando desde hai máis de 30 anos, sexa un acto de campaña electoral (acto que estaría prohibido polo artigo 53 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral), senón un xeito máis de autoafirmarnos e reivindicar a igualdade de dereitos e de trato para as mulleres.
4º) O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, no se que se basea a Subdelegación do Goberno para prohibir a manifestación, admite que “a manifestación convocada non ten finalidade electoral algunha” .
5ª) A prohibición basease en que a finalidade da xornada de reflexión é a de contribuir a unha formación de vontade libre de quen vai exercer o seu dereito de sufraxio activo ao día seguinte, sen mensaxes nin xestos que directa ou indirectamente poidan rachar esa neutralidade, e non todos os partidos políticos comparte os mesmos postulados respecto ás reivindicacións da muller.
Se aceptamos que a manifestación do 8 de marzo pode supor unha ameaza para esa neutralidade:
¿Non é unha ameaza para esa neutralidade a realización de actos nese fin de semana convocados por unha organización que se ten manifestado diante das eleccións orientando o voto dos seus afiliados? Non, non estamos falando o movimento feminista senón da igrexa católica, que a través da conferencia episcopal emitiu un comunicado orientando o voto das persoas católicas e que durante os vindeiros días, sábado (día de reflexión) e domingo (día das votacións) ten previsto a realización de varios actos en cada parroquia. ¿Están eles libres da tenue barreira que separa o político do social?
¿Non é unha ameaza para esa neutralidade o acto convocado pola Deputación de Pontevedra para o sábado pola mañan? ¿Ou a carreira convocada na Comunidade de Madrid por Esperanza Aguirre?-
Dado que podemos ir a misa, participar nunha mesa de debate, correr e facer festa:
DESCONVOCAMOS –POR IMPERATIVO LEGAL- A MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA O DÍA 8 DE MARZO.
CHAMAMOS A TODAS AS MULLERES A PARTICIPAR NA FESTA QUE SE REALIZARÁ O SÁBADO DIA 8 DE MARZO, NA PRAZA 8 DE MARZO (NA RÚA CAMELIAS) A PARTIR DAS 11 DA MAÑÁ E A ENTREGA DE AUTOINCULPACIÓNS NO XULGADO ÁS 13 HRS.
NON DEIXEMOS QUE APAGUEN O NOSO DÍA DE FESTA E REIVINDICACIÓN.
NIN UN PASO ATRÁS –NON PODEMOS PERDER DEREITOS.
_______________
Coord. Vigo: 657825556/667531529
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
______________
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário